Subproxecto 1a
Toponimia de Galicia e Portugal
Na primeira fase do proxecto proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae (2021-2025) estudáronse case mil formas toponímicas galegas e portuguesas, considerando as fichas dos topónimos, dos étimos e os cognados, das cales están xa dispostas na aplicación para consulta libre o 80%. Son fundamentalmente macrotopónimos (en Galicia, concellos, parroquias e lugares do Nomenclátor oficial de 2003), pero tamén corónimos, orónimos, hidrónimos e talasónimos.
Continúase agora elaborando fichas toponímicas e etimolóxicas, prestando atención especial a dous aspectos: por un lado, á prolongación antroponímica, isto é, ós apelidos (e mesmo nomes persoais) a que deron lugar determinados topónimos; por outro lado, á proxección americana: como a toponimia galega e portuguesa se reflicte nos territorios americanos, tanto no Brasil, de lingua portuguesa, coma nos restantes de fala española, países de acollida de moita emigración galega.
Nesta nova fase (2025-2029), a Toponimia de Galicia e Portugal encardínase no subproxecto Toponimia gallega, portuguesa y astur-leonesa.
Topónimos destacados do grupo
Forma de cita:
en Toponimia gallega, portuguesa y asturiano-leonesa, PID2024-159776OB-C41, proyecto integrado en Toponomasticon Hispaniae Toponomasticon Hispaniae. Prolongación antroponímica y proyección americana (ToponHisp-PA), financiado/a por MICIU/AEI/10.13039/501100011033. http://toponhisp.org


